N-1

Iniciar sesión

15M Lugo

15M Lugo

Administrador: Hella

Miembros del grupo: 41

Descripción:

Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor aos que nos rodean. 

 

Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores.... Pero todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros... pola indefensión do cidadán de a pé. 

 

É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos unha sociedade mellor: 

 

 

  • As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas. 
  • Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nesta sociedade: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.  
  • A democracia parte do pobo, de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, neste país a maior parte da clase política nin sequera nos escoita, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE. 
  • A ansia e acumulación de poder nuns poucos xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos.  
  • Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos anónimos, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo. 
  • É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só o que compro, por que o compro e a quen llo compro.

 

Por todo o exposto, estou indignado.

Creo que podo mudalo.

Creo que podo axudar.

Sei que unidos, podemos.

Sae connosco. É o teu dereito.

 

As asambleas son os XOVES E DOMINGOS as 20:00 
Descripción corta: Movimiento 15M Lugo
Alias del grupo: 15m-lugo